header image

Como ven de denunciar A Nosa Terra, a Sociedade Anónima do Xacobeo ven de adxudicar a unha empresa madrileña, Ruiz Nicoli Lineas, S.L, o contrato de servizos de desenvolvemento de creatividade e execución da campaña publicitaria do evento Xacobeo 2010. A dous meses escasos de comezar o Ano Santo.

A oferta económica gañadora era de 543.478 € (sen ive), cun 13% de baixa no tipo de licitación, frente a baixas do 22 % ou mesmo do 40% presentadas por outras licitadoras. A oferta económica representaba, conforme á Lei, 0 40 % do concurso.

Sen embargo, Ruiz Nicolini foi puntuada con 45 puntos dos 50 posíbeis no apartado máis subxectivo, a "orixinalidade". Ningunha outra empresa pudo achegarse a iso. Podedes ver o cadro de valoracións aquí.

Sospeitamos da obxectividade desta contratación, por dous motivos:

  1. Porque a valoración de alto tan subxectivo como a "orixinalidade" non foi feita polo órgano especializado e externo que determina o artigo 134 da vixente Lei de Contratos, senón por un "técnico", que mesmo pode ser externo ao propio Xacobeo (conforme ao punto 15.5.1 das súas Instrucións de contratación), que foi o que aquí pasou: como pon de manifesto a acta colgada na plataforma de contratación da Xunta, a asesora que se incorpou á mesa de contratación foi Gloria Sallent Roig, xoven organizadora de eventos (Sonar) con domicilio profisional en Barcelona, en calidade de "experta en comunicación". Persoa que, por certo, tamén estaba integrada na mesa de contratación da web do Xacobeo, adxudicado a Plexus...
  2. Porque certos datos indican que isto pudo ter sido "adxudicado" a dedo antes da tramitación do expediente ("tu vete trabajando, que el expediente es pura formalidad") para poder cumprir cos prazos do Xacobeo 2010, que está á volta da esquina, e con todo patas parriba, pola incompetencia dos actuais xestores do Xacobeo.  Así, no prego de cláusulas administrativas particulares (punto 5) sinálase que a entrega da fase de creatividade debe facerse antes do 20 de decembro, "debendo estar a aplicación do concepto creativo aos distintos soportes para a campaña como a produción de spots TV  e pezas publicitárias para a fase de decembro de 2008 (SIC)". Literalmente, o contrato ten que estar executado para antonte!!
  3. Porque Feijóo, ademáis de colocar a un fato de incompetentes ao frente da Administración, ten amostrado tamén unha nula intención de respectar a concorrencia aberta en materia de contratación, como demostra a súa temeraria aposta pola Citroën para subministrar vehículos ao parque móbil da Xunta de Galicia.

Feijóo non cre na obxectividade, transparencia e concorrencia, senón na adxudicación política das contratas.

Sabemos que no caso de Citroën, había claros intereses espúreos (o coche que lle regalaron cando estaba na oposición).

Que intereses espúreos hai neste caso?

Descoñecémolos. O que sí é claro é que, nesta época de crise, Feijóo non fixo nada para que ese diñeiro, de todos os galegos, fose para algunha empresa galega do ramo. Será que aquí sobra traballo, ou que  os creativos galegos de publicidade son torpes!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

2 Respostas to “A sospeitosa política de contratación do Xacobeo, S.A.”

  • Iris 5novembro2009

    O que nos queda claro é que se estan primando os intereses empresarial foráneos frente os galegos.
    Unha boa parte dos conselleiros non son galegos, estanse producindo contratacións como o xestor do Xacobeo, o último director de museos, etc… son xente allea a Galicia, xente que descoñece a realidade do noso pobo, pero tampouco hai que olvidar que a maioria dos contratos da Xunta son para empresas fora de Galicia, o que me da a entender que Feijoo duda da capacidade do tecido empresarial e das capacidades dos galegos para dirixir ou facer os proxectos que eles adxudican.

    Cada día denotase máis o desprezo para aquelo que leva o selo de GALEGO

  • Desvelando as mentiras de Feijoo » Máis dúvidas sobre a contratación de publicidade do Xacobeo S.A. 6decembro2009

    [...] poucos días, tivemos ocasión de analisar a fondo neste blogue as nosas sospeitas sobre a contratación de publicidade na S.A do Xacobeo. Aquel contrato, adxudicado con carácter definitivo o 18 de novembro por 543.000 € máis ive á [...]

Deixa unha resposta

XHTML: Podes usar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>