Seguimento aos incumprimentos e mentiras de Alberto Núñez Feijoo ao electorado galego
No Consello da Xunta do xoves día 5 de novembro, o Conselleiro de Culturismo elevou un Informe no que anunciaba a súa intención de dotar de personalidade xurídica propia ao CGAC, na procura de maior eficiencia, eficacia e autonomía. Ou sexa, un eufemismo da conversión do CGAC en fundación. Ou sexa, privatizar o seu funcionamento.
Este blogue denunciou tempranamente o proceso de "Macdonalización cultural" do CGAC iniciado por Feijoo: ou sexa, a intención de entregalo aos axentes da arte internacional globalizada como mellor estratexia para que deixe de ser un centro que pule por estimular a creación e exhibición da arte contemporánea galega (pois, como é sabido, a cultura galega "limita" e hai que "abrirse"). Do que se trata é de expoñer "aos artistas máis consagrados" e aumentar o número de visitantes, segundo declarou Roberto Varela.
Para executar esta estratexia de alienación cultural - unha das políticas culturais sobranceiras de Feijóo -, Feijóo nomea Director do CGAC a un portugués con apelido alemán, Miguel Von Haffe Pérez.
Pois ben, cal é o segundo movemento político de Feijóo sobre o CGAC? O que, como xa explicámos no tema da sanidade, é o único que sabe facer: privatizar. Privatizar os museos: a grande pailanada dos que non saben facer outra cousa.
É certo que algúns dos museos de arte contemporánea en España adoptan unha forma privada, de tipo fundacional ou empresarial. Mais é puro tópico neoliberal pensar que con iso mellore o funcionamento de nada, e menos a exhibición cultural: nen a eficiencia, nen a eficacia, nen a maior autonomía xustifican a privatización.
O CGAC ven sendo desde hai anos unha institución sumamente eficiente: o seu orzamento execútase ao 99,9 % sistematicamente. E, na medida en que se trata de diñeiro público, son imprescindíbeis os procedementos e controles para asegurar a correcta xestión deses fondos (para evitar, entre outras cousas, o desfalco que se produciu no Guggenheim).
Por outro lado, o CGAC non necesita nengunha modificación da súa personalidade para asumir doazóns e mecenados de entidades privadas. Xa o pode facer, mais non o fai pola nula cultura de patrocinio privado que hai neste país. Tampouco necesita esa modificación para explotar nada, pois xaora o o CGAC explota en rexime concesional a súa cafetaria, e se non explota a súa libraría directamente é porque lle cedeu a explotación á Asociación de Amigos do CGAC...
Do que se trata, entón? Pois basicamente, de ter a coartada para xerar ingresos: de entender o museo como unha empresa xeradora de beneficio, e que poda cobrar entrada.
Por non mencionar que se o CGAC se converter en fundación, será a primeira fundación atendida por personal funcionario da historia da Xunta de Galicia. "Echale huevos", que diría Argiñano en Airbaig!
cedofeita 8novembro2009
“Para executar esta estratexia de alienación cultural – unha das políticas culturais sobranceiras de Feijóo -, Feijóo nomea Director do CGAC a un portugués con apelido alemán, Miguel Von Haffe Pérez.”
Non teño mui claro se o que queredes dizer é Habichuela bota mao dun cidadán portugués para continuar coa súa demolición-construción galega-española, respectivamente. Se é así, penso que este é un trecho desafortunado. Sabedes (obviamente) que persoal aborixe da Galiza disposto a aceitar espellos en troca de ouro temos abondo. Entón? Realmente pensades que o candidato “galego” barallado ia ter unha política centrada na Galiza? A súa pretensión, como a da meirande parte das persoas galegas deste ambito, era, é, a de imitar o IVAM, vínculos con Spanja, latinoamerica, etc… Non teño nin idea de que vai este tripeiro, do bloco de esquerda non será, mas polo menos, á partida, sei que o seu principal desexo non vai ser dar unha palestra no Reina Sofia e sair no Babelia. De resto… algún problema cos de Porto que gastan apelidos suevos?
xan dos pasos 8novembro2009
Neste caso, Feijomente, non sabes do que falas.
Iso que ti chamas “privatizar” quixérono facer Moure e Olveira. Fernández Cid non, porque era o máis guiadiño. En Cultura, cando o bipartito, non houbo huevos.
Pero é que non falamos de “privatizar” exactamente. Fala co xerente do CGAC, un tal Arroyo. Está cerquiña do Opus, e leva aí máis tempo ca todos os directores do CGAC “público” xuntos.
Noraboa, polo demais