Seguimento aos incumprimentos e mentiras de Alberto Núñez Feijoo ao electorado galego
Están os teléfonos fervendo na Xunta de Galicia ante a Orde de Peche do exercicio 2009 que ve de publicarse no DOG.
Acostumados á peculiar comprensión da acción administrativa de Feijóo e os seus mariachis (administrar consiste en remexer nos papéis do anterior goberno, a ver se pillan "irregularidades" para seguir en campaña), os funcionarios e funcionarias da Xunta de Galicia acaban de levar a sorpresa do ano no DOG de hoxe: unha Orde de peche de exercicio no que se impoñen uns prazos draconianos para a presentación e tramitación de documentos contables.
As moitas aplicacións da Xunta que permanecen sen executar, en saldo (e hai moito saldo), non van poder ser gastadas se non se presentan os correspondentes documentos de autorización de gasto antes do vindeiro venres 13 (glups). Os xestores saben da loucura que se lles ven enriba, especialmente coas facturas menores (importes inferiores a 18.000 € máis IVE e 50.000 máis IVE en caso de contratos de obra) e os convenios. E ao que non lle dea tempo de achegar a factura, quedará a debérselle polo menos até abril do ano que ven...Curiosa paradoxa, depois de ter vendido a bombo e platillo a "factura electrónica".
A que se debe todo isto? Pois a que non hai diñeiro en tesouraría, amigos, e a Conselleira de Facenda non quere incumprir a Lei de Estabilidade Orzamentaria.
Mais é improbable que Feijóo se arrisque a amostrar unha taxa de execución raquítica, depois de ter vendido tanto burato orzamentario. Ben seguro que comezará a presionar á súa Conselleira de Facenda para que autorice caso por caso a excepción aos prazos draconianos desta orde, ao abeiro da súa disposición adicional primeira, para que o exercicio 2009 non acabe como o rosario da aurora diante do seu electorado.
Iris 9novembro2009
non se pode facer peor.
A Pirámide 9novembro2009
Xa nos gustaría dicir amén a iso, pero é que non temos tempo. Andamos liadirmos.
beto 9novembro2009
IN – COM – PE – TEN – CIA
Eleusis 9novembro2009
Como non hai diñeiro en tesouraria para afrontar os pagos de fin de exercicio(non hai ingresos tributarios suficientes), non se queren arriscar a seguir gastando e incurrir en “déficit”. Anatema!
E por iso pegan o que os funcionarios coñecen como “machetazo”: o que non presente gasto para a súa autorización antes do 13, terá que imputalo ao orzamento seguinte (ou sexa, gastar do ano 2010).
Isto deixa aos xestores cos gallumbos nos calcañares, pero non me dan pena ningunha.
As prioridades de Feijóo non eran, en 2009, xestionar o seu orzamento (que o había): eran desmontar a acción do goberno anterior e remexer nos caixóns en busca de merda (con perdón).
Por iso a Xunta chega a novembro de 2009 con moooooito diñeiro sen comprometer.
Supoño que será unha nova declinación da austeridade de Feijóo: non gastar o diñeiro orzamentado. Xusto o contrario do que faría calquer goberno responsable en situación de caída brutal da demanda privada.
Faldo 10novembro2009
Non sei que carallo pretenden cunha norma tan absurda, pero tranquilos!, tranquilos!, que para pagarlle aos seus amigos ha de haber tempo. Bueno, iso supoñendo que non os teñan xa ben cheos a conta do carto público, pero se algún aínda está por cebar, xa ampliarán os prazos ou aplicarán as excepcións previstas na propia orde.
Tampouco descartedes que en poucos días apareza no diario oficial unha corrección de erros. Sería o máis razonable, pero tamén a proba doutra fozada máis.
A pouco que á oposición lle veñan gañas de meter caña non vai dar abasto. A ineptitude destes carallos é abrumadora.
PEPE 20novembro2009
Non entendo tanta mala leche nesta páxina. Qué entenderedes vos dende fora. Estáse a facer ben, a traballar con metodoloxía e rigor, non como se facía antes. Por certo, o tal Amoedo ben que cobraba as súas clases maxistrales cando falaba dos temas propios do seu centro de traballo. Foi nefasto para Cultura¡¡ A peor etapa da Consellería¡¡¡ e xempre sonrindo, por iso lle chamaban o sonrisas, carallo, mao de ferro en guante de seda.
Pepe
carlosamoedo 20novembro2009
Pepe (ou debería chamarte Antonio?), para traballo con metodoloxía e rigor, o que fixo Feijóo coa presentación do Gugel para facer o Camiño…Ou a contratación do Xacobeo…Ou o escaqueo de Feijoo de tomar unha decisión política no tema das caixas…ou o acopio indiscriminado de facturas por mor da orde de peche do exercicio…
Non me fagas rir, anda, que despois te queixarás se un vai pola vida sorrindo.