header image
novembro 20th, 2009 cultura, transparencia 7 Comentarios

Feijoo Goberna

Que Feijóo está disposto a vender realidades virtuais é algo que xa sabemos desde os tempos dos "hilillos de plastilina" e demáis momentos míticos de deformación da crúa realidade, como o da utilización da mangueira de regar os xeranios para apagar os lumes en agosto de 2006.

Mais poucas ocasións máis espectaculares de apreciar a ansiedade de Feijóo por vender fume que o fiasco do Google street view como ferramenta virtual para coñecer o Camiño de Santiago. A venta de fumaza foi realizada o 10 de novembro polo propio Presidente por todo o alto, como amostran este link e estoutro. Mais pronto pudémos comprobar que o tal Camiño virtual era realmente virtual, pois limitábase a determinados tramos por estrada xeral...

Ese é o problema de facer as cousas improvisadamente e ás carreiras, con esa característica ansiedade do mal político, e con esa característica incompetencia dos malos xestores. 10 días tardou a Consellaría en asumir o seu marronazo. Mais cando o fixo foi para botarlle, por suposto, a culpa a Google, como relata hoxe con detalle El País.

Algún responsábel do Xacobeo debe estar arestora pendurado dos polegares nalgunha mazmorra de San Lázaro...

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

7 Respostas to “O “Camiño virtual” de Feijóo”

  • caralladas76 20novembro2009

    moi ben por poñer o das fotos. parece que non, pero faino máis ameno ó lector, e segundo me asesoraron meus colegas informáticos antes de montar o meu, está comprobado que en media os artigos onde só hai texto teñen menos afluencia de público, e moitos dos que o empezan non o rematan de ler.

    Agora vou có das Caixas, que me interesa moito…

  • carlosamoedo 20novembro2009

    Grazas, a verdade é que hai tempo que nos decatámos da “pesadez” das nosas entradas, mais afinal nunca nos lembramos de “facelo bonito”. E a verdade é que queda máis “pofesional”, ademáis de darnos pé para unha dose adicional de retranca…

  • aloitador 21novembro2009

    E hai que ter paciencia, xa que nós quedan moitas chapuzas que aturar. Lembrádevos do concurso eólico, decreto do galego, gratuidade dos libros, e un longo etc que xa fixo ou esta pra facer.

  • Darth 21novembro2009

    Outra “feijoada” máis. Menos mal que agora se supón que a Xunta está en mans de xente seria, rigurosa, responsable, preparada e que sabe facer as cousas como está mandado, ou eso contan. Mimadriña qué banda de cantamañanas.

  • Faldo 24novembro2009

    Manda carallo!, e aínda hai quen se queixa da inacción deste goberno. Pero se o malo é cando actúan; polo menos, se están quietiños non empeoran as cousas.
    Amoedo, agora responde con sinceridade, non vos cae a alma aos pés ao pensar no baixísimo nivel do inimigo que vos derrotou en marzo?

  • carlosamoedo 24novembro2009

    Faldo,
    Evidentemente, a derrota foi moi triste, e no meu caso máis, porque levei unha derrota persoal moi dolorosa en novembro de 2008. Pero hai que levantarse do chan e seguir pedaleando, se cabe con máis enerxía e sabedoría.
    Mira, o que está claro é que a dereita sempre o tivo moito máis doado neste país. A eles abóndalles, precisamente, con non facer nada.
    Ese é o primeiro mandamento do político conservador: estaraste quieto e non pretenderás cambiar nada.
    O segundo mandamento é: non cometerás erros.
    O terceiro mandamento: o que fagan os teus sempre estará ben.
    O cuarto: aparentarás que fas moitas cousas.
    O quinto: as vendetas, pola noite e na casa sempre coa porta pechada.

    Déixoche a tí o traballo de analisar os mandamentos do político nacionalista de esquerdas…

  • Desvelando as mentiras de Feijoo » Máis dúvidas sobre a contratación de publicidade do Xacobeo S.A. 6decembro2009

    [...] E volvemos a insistir máis unha vez: hai mellor publicidade internacional que a que fai a equipa ciclista profisional do Xacobeo, ou deportistas como Eva Castro? Hai mellor investimento publicitario que o patrocinio deportivo, que beneficia directamente aos nosos deportistas? A quen beneficia toda esta reiterada contratación de empresas foráneas e soportes publicitarios como o da trapallada do "Camiño Virtual"? [...]

Deixa unha resposta

XHTML: Podes usar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>