Seguimento aos incumprimentos e mentiras de Alberto Núñez Feijoo ao electorado galego

Por moito que lle pese a Feijóo, apartir de mañán a concellalía de Cultura do Concello da Coruña abre Acheg-Arte, a feira das industrias culturais que ven continuar o labor da feira creada polo Bipartito: o Cultur.Gal.
Apesar do enorme éxito de Cultur.Gal no ano 2007 e 2008 (podedes ver aquí a súa páxina), o goberno galego decidiu non organizar este ano a Feira, rexeitando o Grupo Parlamentario Popular unha proposición non de Lei do BNG no mesmo sentido (podedes ver o vídeo da delirante contestación dunha tal María Soledad Piñeiro a Ana Pontón premendo aquí).
O curioso do asunto é que, na presentación das liñas estratéxicas de difusión cultural para o ano 2010, o Conselleiro de Culturismo, Roberto Varela, proclamou a súa intención de centrar os esforzos en aumentar o consumo cultural dos galegos, e promocionar as nosas industrias culturais. Falso: só se pretende promocionar a industria do libro, e dentro dela, o diñeiro adicarase non á adquisición de libros para bibliotecas, senón a campañas publicitarias).
Descoñecemos cal é o motivo que lle leva ao Goberno a non apoiar outras industrias e o propio Culturgal; desde logo, non é a falta de crédito, que existía no estado de gastos da Dirección Xeral. O propio feito de que a Concellalía de Cultura da Coruña asuma en solitario o labor de organizar este evento, pon de manifesto que hai unha base social e económica disposta a aproveitar as súas oportunidades, se hai un mínimo compromiso institucional disposto a cumprir as súas obrigas.
Máis ben parece que estamos perante unha nova mostra do revanchismo reaccionario de Feijóo, que prefire dar subvencións á organización de eventos sobre a raza equina española antes que darllos á promoción da cultura galega viva (os "titiriteiros" de Nunca Máis, como lles chamaba Pérez Varela).
Sen comentarios