Seguimento aos incumprimentos e mentiras de Alberto Núñez Feijoo ao electorado galego

Tal e como denunciamos hai uns días, había moita presa entre o sector do transporte público en aprobar a "Lei de medidas urxentes para a modernización do transporte público de Galicia".
Tanta, que xa está publicada desde hoxe no DOG, co número 5/2009. Unha Lei que, aparte de bater os récords de turboaceleración e ocultación da súa tramitación, dará moito que falar por ser pura e simplemente unha aberración xurídica, destinada a darlles máis carta branca aos concesionarios do transporte en Galicia, mesmo ao prezo de hipotecar ao país durante moitos anos.
Lulu 1decembro2009
E a” lexislacion motorizada” a que se refire Gonzalez Navarro.
Naito 2decembro2009
veña! máis hipotecas para o futuro! Se fixeran unha empresa de transporte público gañaban máis. Todo o mundo sabe que o transporte público é un servizo deficitario, polo tanto non debe ser levado por mans privadas, posto que non obterá benefecios, e só redundará nun incremento contínuo do prezo… total, un despropósito.