Seguimento aos incumprimentos e mentiras de Alberto Núñez Feijoo ao electorado galego
A Coordinadora Galega de ONGs para o desenvolvemento emitiu o pasado día 24 de outubro un duro comunicado sobre os orzamentos da Xunta no campo da cooperación. Como eles coñecen e explican o tema mellor do que poderíamos facelo nós, publicamos a continuación o comunicado íntegro.

"A Asemblea Xeral da Coordinadora califica de INACEPTABLE a partida de cooperación ao desenvolvemento do Proxecto de Lei de Orzamentos para 2010 da Xunta de Galicia"
(Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2009). O sábado 21 de novembro, a Asemblea da Coordinadora Galega de ONGD, órgano decisor supremo desta asociación, manifestou en bloque a súa decepción coa partida de cooperación ao desenvolvemento que recolle o Anteproxecto de Lei de Orzamentos 2010 da Xunta de Galicia.
Despois de presentar en Asemblea o informe “A cooperación ao desenvolvemento no Proxecto de Lei de Orzamentos das Xunta de Galicia 2010”, -difundido aos medios de comunicación o pasado 17 de novembro-, aprobouse por unanimidade a necesidade de facer un comunicado das ONGD integradas na Coordinadora que amose a decepción do sector con respecto aos orzamentos de cooperación para 2010, xa que Galicia continúa sendo a Comunidade Autónoma que menos destina a cooperación ao desenvolvemento. Algúns dos datos que provocaron esta reflexión na Asemblea foron:
Dende a Coordinadora Galega de ONGD, -trala presentación no Parlamento de Galicia do Proxecto de Lei o luns 19 de outubro-, estase a levar a cabo unha importante labor de incidencia na elaboración de emendas parlamentarias á lei, traballando cos tres grupos parlamentarios, BNG, PP e PSdG-PSOE.
ONGD que asinan o presente Comunicado:
A Cova da Terra, Acción contra a Fame, Amani Galiza, Amigos da Terra, Amigos Escaes-Perú, Arquitectos Sin Fronteras Galicia, Asemblea de Cooperación pola Paz, Axuda en Acción, Bicis pola Paz, Cáritas Diocesana Santiago, Coopera, Compromiso e Misión, Cruz Vermella, Ecos do Sur, Educación Sen Fronteiras, Entreculturas-Fe e Alegría, Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, Equus Zebra, Farmamundi Galicia, Fundación Cume, Fundación Internacional de Solidariedade Compañía de María, Implicadas/os no Desenvolvemento, InteRed Galicia, Intermón-Oxfam, Inti, Jóvenes y Desarrollo, Labañou Solidaria, Madreselva, Mans Unidas, Meniños, Médicos do Mundo – Galicia, Natura Hispánica, ONG Lena, ONG Mi Perú, Paz y Desarrollo, Paz e Solidariedade, PROCLADE, PROYDE, SED, Seminario Galego de Educación para a Paz, Solidariedade Galega, Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Solidariedade Internacional de Galicia, Taller de Solidariedade, Terra de Homes, UNICEF Galicia, Veterinarios Sen Fronteiras, Voluntariado Social Rogas.
Máis información:
Coordinadora Galega de ONGD - 981585189 - sensibilizacion@galiciasolidaria.org
caralladas76 2decembro2009
suaviño suaviño o comunicado. como se non quixeran ofender a su majestad habichuela.
Faldo 2decembro2009
Unha suxestión: investigade sobre un asunto sobre o cal ofrece información un folleto informativo da CIG.
A cuestión non é unha carallada calquera. Segundo o sindicato citado, a conselleira de Traballo e Benestar (fundamentalmente benestar propio e persoal) mandou construir un despachiño na sala de xuntas da xefatura territorial da consellería na Coruña, que lle vai quedando máis próximo ao seu domicilio có de San Lázaro.
Será outra mostra da austeridade desta nova Xunta? Pois si que estamos Feijóodidos.
carlosamoedo 2decembro2009
Tomamos nota. Faremos unha inspección ocular (se logramos aparcar en Matogrande).