Seguimento aos incumprimentos e mentiras de Alberto Núñez Feijoo ao electorado galego
| L | M | M | X | V | S | D |
|---|---|---|---|---|---|---|
| « Xan | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | ||
Este próximo domingo, día 29 de agosto, celébranse as eleccións no Centro Galego de Bos Aires. Hai dúas candidaturas para a xunta directiva da institución: unha, constituída polas agrupacións «A Terra», «Breogán» e «Celta» e encabezada por José Luis Seoane; a outra, promovida polas agrupacións «Galicia» e «Unión Gallega» e encabezada por Carlos Alberto Vello.
Pois ben, o folleto propagandístico da primeira desas candidaturas di textualmente:
«Contamos en nuestro accionar con el respaldo moral y económico del Gobierno de la Xunta de Galicia».
Ademais, o folleto inclúe a foto do candidato José Luis Seoane posando xunto a Alberto Núñez Feijoo, en actitude institucional diante das bandeiras galega e española. Un novo exemplo de inxerencia e de manipulación da emigración galega, que hai que unir á constante terxiversación sobre a reforma electoral.
Védeo por vós mesmos, facendo clic na imaxe.
A Xunta toma partido nas eleccións ao Centro Galego de Bos Aires 26Agosto2010
[...] A Xunta toma partido nas eleccións ao Centro Galego de Bos Aires feijoomente.blogaliza.org/?p=1825 por gelo hai 2 segundos [...]