Seguimento aos incumprimentos e mentiras de Alberto Núñez Feijoo ao electorado galego
Isto di o programa electoral do PPdeG (páx. 213) sobre libros de texto: "Cambiaremos o sistema de préstamo de libros de texto para garantir a gratuidade e titularidade dos mesmos". E, inmediatamente despois, engade: "Implantaremos axudas para a adquisición de libros de lectura e consulta para as familias con déficit económico".
No caso dos libros de lectura e consulta, faise alusión a que as axudas económicas atenderán a criterios de renda familiar; no caso dos libros de texto, polo contrario, non hai ningunha referencia nese sentido: dise que se mellorará o sistema para pasar do préstamo á propriedade. Dúas grandes ideas, cun pequenino defecto: eran mentira. Desta volta, a mentira colleu a todo o mundo por sorpresa: de feito, na páxina 204 do programa electoral, o PPdeG eloxia a iniciativa da gratuidade dos libros de texto, aínda que afirma que tiña sido "mal xestionada" polo bipartito. Pois ben, parece que a idea de "boa xestión" que ten o goberno de Feijoo consiste en retirar dereitos, neste caso ás familias.
Vale a pena lembrar que a gratuidade dos libros de texto foi unha das medidas estrela do PSdeG durante o goberno bipartito, que foi planexada con coidado e tardou varios anos en ser implantada completamente. Fronte á paciencia e ao estudo da situación, Feijoo opón a furia por borrar calquera pegada do anterior goberno, aínda que iso signifique un prexuízo directo para o 75% das familias con fillos en idade escolar.
Coa nova medida, só o 25% das familias terá dereito a libros gratuitos e outro 40% recibirá unha axuda parcial, mentres que o restante 35% terá que pagar integramente os libros. Feijoo pretende convencernos de que esta medida é redistributiva e promove a xustiza social, mais esquece varias cousas:
Pero sen dúbida, o máis impresionante de todo é que a Xunta de Feijoo intente vender a idea de que reducir a aportación pública ás familias é unha conquista: así, a noticia publicada na web da Xunta (pódese ler aquí) fai fincapé en que a Comunidade Autónoma de Galicia é a que máis subvenciona a compra de libros. O certo é que resulta asombroso o raciocinio: imos ver, se agora somos líderes, antes éramos no mínimo exemplares e motivo de envexa; daquela, por que baixar o nivel de prestación de servizos?
Se vós tampouco o entendedes, non estades sós. De feito, esta medida xa conseguiu que xurdise unha plataforma de pais e nais pola gratuidade, que di contar xa con 6.000 asinaturas. Por certo, a web da plataforma é bilingüe en galego e español, polo que non é sospeitosa de responder a intereses partidistas contrarios a Feijoo.
Falando de partidos políticos, sería bo que Feijoo se puxese de acordo con Javier Arenas, que en Andalucía defende a gratuidade dos libros de texto con carácter universal, só cunhas semanas de diferenza a respecto da boutade de Feijoo de suprimila en Galicia.
Quen queira profundizar no asunto das axudas aos libros de texto nas distintas Comunidades Autónomas, pode consultar este completo dossier.
diogo 7xullo2009
A redistribución da riqueza faise á hora de facer a declaración da renda e pagar os impostos. Quen gaña máis paga máis. O disfrute dos servizos públicos, coma o ensino, debe ser igual para todos e todas
Alicia 7xullo2009
Non entendo tanta aversión contra esta medida social. Trátase de beneficiar aos que máis o necesitan, non é o que levan predicando os socialistas desde o principio dos tempos?? Para empezar, co bipartito prestábanse libros indiscriminadamente a todos, tanto ás clases medias e baixas como a calquera fillo dun director dun Banco ou dunha Caixa ao que lle sobran os cartos. Vaia medida máis igualitaria, sí señor. A Feijóo o bipartito deixoulle como herencia unha Xunta arruinada cun burato de 400 millóns de euros nin máis nin menos. Con ese panorama e coa crise non queda máis que apretarse o cinto e destinar as prestacións sociais a quen máis o necesita.
Por outra banda, o préstamo de libros do bipartito non era eficaz. De qué serve que se presten uns libros que non podes subliñar nin escribir neles e que terás que devolver a final de curso sen posibilidade de recurrir a eles no seguinte ano académico? Coa medida de Feijóo, agora calquera familia por poucos recursos que teña, poderá dispoñer dunha valiosa e útil biblioteca na súa casa. Medida sensata onde as haxa.
luis 7xullo2009
Parabéns polo blog, mais quero facer unha aportación.
Non coidan que compriría introduccir cada tema cun resumo ou titular amplio que despois se poidese despregar, en caso de resulten de interés ao usuario?
Dígoo porque, ás veces tira para atrás tanto texto se haber unha introducción clara do tema que se vai tratar. Non todos temos moito tempo!
Non digo que o tratamento da información non sexa o correcto ou que non teña que ser exhaustivo, pero boto de menos unha introducción.
Eva Rivero 27xullo2009
No sólo Arenas en Andalucía, en Asturias el Sr. Ovidio que es presidente del Pp de Asturias y actualmente además es Senador, en el año 2005 pidió la gratuidad de los libros de texto para : infantil, primaria, secundaria, bachillerato y formación profesional. Está en el blog de la plataforma.
Bicos Eva
Alicia Pobra 30xullo2009
Desde luego…lo que hay que escuchar, leer, oir y aguantar. Decir que la medida de Feijoo es más solidaria es una falacia y es damagogia, demagogia de esa que al Partido Popular se le da tan bien. Durante los años del bipartito no escuchamos ninguna queja de los padres al respecto. Poco o nada le importaba a la gente la “solidaridad popular” porque los hijos e hijas de todos llegaban al colegio y se encontraban los libros encima de los pupitres; excepto los niños de clase bien que estudiaban en colegios de pago donde se paga todo. Pero tampoco el bipartito impedía comprarlos a aquellos que consideran que subrayar los textos es tan importante para el estudio. Se podían comprar y no hubo ni un sólo popular, hasta donde mi conocimiento alcanza, que pusiera en práctica esa forma de solidaridad. No se trata de todas maneras, desde mi punto de vista, de debatir sobre si es o no más solidario este sistema “popular” que, en mi opinión no lo es. Para mi el dabte está en la gravedad de retirar derechos a la ciudadanía. Había un derecho social y lo han eliminado de un plumazo. En democracia los derechos sociales son sagrados ¿Nos retirarán otros también? No me cabe duda de que pronto nos harán pagar las radiografías a las clases medias, porque los ricos…los ricos también van a la privada.
Lila 31xullo2009
A cuestión é se cremos nunha educación obrigatoria GRATUITA. Se é así o material necesario e obrigatorio como son os libros de texto deben ser gratuitos independentemente da renda familiar. De non ser así, tamén se podería comezar a cobrar as vacinas para os cativos de familias máis ricas…
Respecto ao de subliñar os libros e crear unha “biblioteca de libros de texto” como di Feijóo paréceme unha parvada. Eu son da xeración que estreou a ESO polo que meus pais debían desembolsar unha considerable cantidade de cartos ao comezo de cada curso para mercarme libros novos. A cambio teño unha espléndida biblioteca de libros de texto impolutos no trasteiro da casa. Por suposto só os empreguei durante os cursos correspondentes. Sen embargo, meus irmáns e curmáns maiores herdáronse os libros duns a outros e non houbo ningún trauma por ter libros usados ou ter que devolvelos ao remate do curso.
Mónica Touza Toncoso 14agosto2009
Si hai buratos xa os tapan vendendo os Audis….pois agora que sigan tapando buratos e poñan a venda o Gaiás, Monte Pío, o Parlamentiño, o Monte do Gozo, e ata o Camiño de Santiago.
Ou podían recuperar o millon de euros con que hunta a Voz de Jalisia.