header image

Arquivo

Artigos por data

Maio 2013
L M M X V S D
« Xan    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Hai uns minutos, acabamos de publicar na rede os documentos do Plan de Choque anunciado pola Xunta: podedes consultalo en formato .pdf (Adobe Reader, Foxit Reader e similares). As incoherencias entre os datos e o que vides lendo e escoitando durante os últimos meses é evidente: non se mudou o destino de 1.144 millóns de euros, senón o de 168,54; non é verdade que as medidas de Feijoo prevean a creación de 100.000 empregos, xa que deste total o 80% se debe á aplicación de medidas xa previstas nos Orzamentos elaborados polo bipartito e aprobados pola maioría parlamentaria que o sustentaba; etcétera, etcétera, etcétera.

As discordancias son tan evidentes e estridentes, que case poderíamos aforrar o traballo de publicar a nosa análise. Pero como o prometido é débeda, en breve actualizaremos a entrada anterior, que co título «Desmontando o Plan de Choque» será o lugar escollido para publicar máis polo miúdo por que isto non é un Plan; e por que o único Choque que pode producir é o shock que causa en calquera persoa racional observar como os nosos gobernantes presentan semellante chapuza como a culminación dos seus mellores esforzos. Se isto é o mellor que saben facer, que os deuses teñan piedade de nós.

Deixámosvos coa lectura dos datos, e en breve voltamos coa análise e, como sempre, abertos ás vosas aportacións, opinións, suxerencias, correccións e críticas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

3 Responses to “Fin do misterio: aquí está o «Plan de Choque»”

  • actualidade 22Agosto2009

    http://www.facebook.com/group.php?gid=124653027611

    Aquí está o grupo antigaliciabilingÜe únete a él

  • caralladas76 23Agosto2009

    Vaia por diante que estou abraiado coa carga de traballo que tedes que estar soportando pra facer todo o que estades a facer… E tamén aproveitar pra agradecer que derades tódolos datos que manexades pra que poidamos botarlles un ollo.

    E a respecto desto último, mirareinos con moita calma pero nunha primeira ollada non acabo de entender moi ben a táboa que anexades. Por exemplo, na medida #3 Plan Vivenda 2009-2012, 36,84 millóns xa estaban no orzamento, a maiores din que reorientan 30,1 millóns, pero o total que asignan a esa partida son os que xa estaban no orzamento, 36,84. É así? E na mesma liña, respecto de cómo afecta ó emprego, falan de crear 40.000 postos de traballo grazas a ese Plan Vivenda, máis á hora de desglosar non hai datos. Non sei se non os facilitan, ou simplemente os 40.000 son un conto chino.

    Bueno, lereino con calmiña e comentaremos se fora o caso, pero un millón de grazas e noraboa. Seguide así.

  • feijoomente 24Agosto2009

    #1 Moi oportunas as túas reflexións, que, por certo, están recollidas na segunda parte da análise que en breve publicaremos.

    #2 Non hai o que agradecer. Frente ao escurantismo e á opacidade da actual Xunta, non facemos máis que cumprir coa nosa obrigación aportando un pouco de transparencia e de información veraz.

    Os datos están inzados de erros, e o que ti apuntas é só un deles. Se reparas, por iso está sinalado como «dato inconsistente» e foi corrixido no final. O erro, fique claro, non é da nosa transcrición, senón do documento orixinal elaborado pola Xunta. Como verás cando olles con máis atención, hai medidas ás cales non se lles asigna orzamento; outras, nas que se fai constar unicamente o orzamento orixinal aprobado polo bipartito; outras, nas que non se desglosan os datos de emprego; outras, nas que tales datos se duplican… Unha chafallada en toda a regra. Diso falaremos na seguinte entrega de análise, pero obviamente estamos abertos ás achegas dos lectores para ampliar e afinar a análise.