Seguimento aos incumprimentos e mentiras de Alberto Núñez Feijoo ao electorado galego
Declaracións da Conselleira de Sanidade recollidas na imprensa de onte:
Ou será que está pedindo bula para non ser criticada, en nome do respecto ás conviccións relixiosas, mentre segue facendo unha política de ideoloxización reaccionaria dos servizos públicos? Se se preocupase vostede por reducir as listas de espera, en vez de suprimir o turno extra que alivia a situación; por dotar a sanidade pública de máis medios, en vez de recortar 6 millóns en material sanitario e de ampliar os convenios cos hospitais privados; por solicitar o mantenimento dos centros "Quérote" de orientación sexual, en vez de promover o seu fechamento e de manifestar que a súa prioridade é o combate ao aborto xuvenil e ao consumo de alcohol entre os menores; por esixir a finalización dos hospitais que o bipartito deixou encetados e que o actual Goberno galego demorou sine die, en vez de dar conferencias sobre compromiso político e fe relixiosa; por fomentar a cooperación coas Universidades galegas, en vez de asinar convenios coas mantidas polo Opus; se non suprimise a obrigación do coñecemento pasivo do galego nas oposicións ao SERGAS, en vez de afirmar que atacar o uso dunha lingua é pecado na fe que vostede profesa a nivel particular... Se fixese vostede todas esas cousas, seguramente non teríamos que lembrar que é vostede membro dunha asociación sectaria, fanática e reaccionaria chamada Opus Dei, e que é ese o pasaporte que lle proporcionou o cargo que hoxe ocupa, para o cal mostra a máis absoluta falta de preparación.
Agora, xa sabe por que é imposible non lembrar o seu "compromiso cristián", utilizando as súas propias palabras: goberne para o conxunto da cidadanía, e non só para a súa secta; os pacientes cristiáns, os ateos sen forza moral e todos os demais, agradecéremolo sinceramente.
Enlaces relacionados: http://feijoomente.blogaliza.org/?p=583 e http://feijoomente.blogaliza.org/?p=431
Galaico 31agosto2009
Esta señora (?) é a conselleira que menos emprega o galego do goberno Feixóo (é ben difícil, pero así é). Seica os carregos públicos teñen o deber de protexer o galego, segundo o estatuto.
Pomponio 1setembro2009
Amigo Galaico, o do galego nesa conselleira xa é o de menos. O que me procupa é que de repente me din que non teño “forza moral para desenvolverme”. O argumento non por abraiante non deixa de ser unha mostra de sectarismo latente nesta señora. Tamén eu podería decir que a fe idiotiza, pero non está ceintíficamente demostrado. No caso desta señora ela mesma da mostras do seu talente, e de que para ela a crenza é o primeiro crendo que fai unha “obra” mesiánica na súa labor política.
Impresentable.
Galaico 1setembro2009
E digo eu que se cre tanto en deus, podería dicirlle a Fexóo que quite a Consellería de Sanidade e que todos os galegos nos acollamos á vondade (mesmo bondade) divina para nos sandar. Iso si que ía ser un exemplo de austeridade!
Pomponio 1setembro2009
Amogo Galaico coido que tes razón. Temos que implorar á divina proviedencia; temos que ter en conta que cando nacemos chegamos a un mundo de bágoas e que o noso obxectivo é acadar a vida eterna. Hai que aprender a sufrir e levar unha vida asceta e achegarnos a deus.
Amén!
mcintosh 5setembro2009
A tipa é creacionista, como a sarah pallin, opusina reaccionaria e agrede ao galego dende a falta de lexitimidade de nacer en teruel…
Por certo, centrémonos…o OPUS é unha secta, o cristianismo é unha fe superrespectábel, tanto (como mínimo) como o ateismo ou o agnosticismo… Ou non?
Farrapo de gaita 7setembro2009
Esta Señora en Bélxica non sería ninguén, soamente sería unha persoa que pertence a unha secta peligrosa e antidemocrática segundo o Parlamento Belga que votou a favor desa denominación, “Secta Peligrosa”. En España é todo o contrario, por riba aínda os laicos temos que pagar os seus colexios, é unha pura vergonza e teñen máis cara que un zapato vello. Así nos vai, que siga o enterro.