header image

Nunha nota de prensa divulgada nas últimas horas, a compañía basca Iderdrola anuncia os seus proxectos de construcións de 3 novas centrais hidroeléctricas no río Sil. Ademais do impacto medioambiental que isto supón, denunciado pola asociación ecoloxista Adega, chama a atención o feito de que a empresa faga xa plans pensando na coordinación das novas centrais hidroeléctricas cos novos parques eólicos que pretende obter da Xunta.

  • "Las centrales hidroeléctricas de bombeo permiten dosificar la producción en función de las necesidades del sistema. Además, contribuyen a impulsar la eólica".
  • "La construcción de las nuevas plantas de San Esteban II, San Pedro II y Santa Cristina permitirá impulsar la inversión en energía eólica prevista en Galicia."

En definitiva, Iberdrola esquilmará aínda máis os nosos ríos e a nosa capacidade enerxética, e de paso vai poñendo as bases para conseguir unha concesión eólica por "motivos técnicos" de aproveitamento da infraestrutura xa disponible.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

6 Respostas to “Iberdola xa fai plans”

  • Xacobe 7setembro2009

    Publicidade do blogue en El Plural

    http://www.elplural.com/politica/detail.php?id=37659

    Quería mandalo en mensaxe privado peor non atopei cómo.

    Sorte

  • Reganosa Demolizón » Iberdrola xa fau plans | Contra reganosa 7setembro2009

    [...] Tirado de http://feijoomente.blogaliza.org [...]

  • luis 8setembro2009

    Na súa propaganda institucional (en castelán) sobre as axudas para material escolar, o goberno di que estas alcanzarán o 70 por cento das familias. Teñen vdes algo que dicir ao respecto?

  • Colazo 8setembro2009

    “está na súa man diminuír o pagamento do canon eólico. Investir en tecnoloxía e pór muiñiños que produzan a mesma enerxía supón diminuír o canon.” Alberto Núñez Feijóo
    http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=77&idNoticia=464759

    cos MUIÑIÑOS menos euriños para os galeguiños

  • luis 8setembro2009

    Na propaganda institucional da Xunta (en castellano) relativa ás axudas de material escolar, dise que esta alcanzará ao 70 por cento dos alumnos. Teñen vdes algo que dicir ao respecto?

  • Tomé Moro 10setembro2009

    A relación de Iberdrola coa Xunta é de auténtico escándalo. A fraternal aperta do obradoiro entre Galán e Feijoo vaille saír cara a Galiza.

    Alén da cafrada ambiental que están a facer no Sil e que a Xunta do PP tolera e ampara, haberá que ver como de beneficiada sairá esta eléctrica grazas á falcatruada xurídica que Feijoo, Guerra e Tahoces van perpetrar por ela cunha esperpéntica lei deseñada por auténticos kamikaces para cargarse a participación pública que o decreto eólico prevía para tod@s @s galeg@s. Aínda non sabemos cal é o contido dese informe da Asesoría Xurídica onde se fala de tachas de legalidade e de inconstitucionalidade. Existirá realmente ou será outra invención trampona de Feijoo para seguir a deconstruír Galiza e botar lixo sobre a actuación do goberno bipartito?

    Para pagar os favores recibidos, Feijoo tamén está disposto a renunciar servilmente aos plans de desenvolvemento industrial asociados aos parques admitidos a trámite pola antiga Consellaría de Innovación e Industria e con isto a non implantar un verdadeiro plan para a reactivación económica do País. Nada que moleste ou perturbe os que veñen saquear a riqueza de Galiza.

    Logo xa contará a mentira coa inestimable colaboración do “derradeiro editor independente”.

    Que pecado abxecto cometemos como País para termos que soportar semellante penitencia de (des)goberno? Até cando vai durar esta tortura? Cando se irán estes impresentables para casa e cesará a destrución de Galiza? Cando deixarán de expoliar os recursos naturais coa complicidade dun goberno indigno?

Deixa unha resposta

XHTML: Podes usar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>